mércores

VIÑERON OS REIS MAGOS!

Á volta das vacaciós, na entrada do cole e xunto a Pulpi.... HABÍA UNS AGASALLOS!!!

No Hora de Ler xuntámonos toooodos e tooodas na biblioteca para abrilos!!
Os máis pequenos encargáronse de abrir os paquetes e pasar os libros que contiñan ao resto de compañeiros e compañeiras.

E así foi este momento!!!


VIÑERON OS REIS MAGOS! XANEIRO 2017 by Slidely Slideshow

martes

Festival de Nadal 2016


Representación teatral de "A árbore testemuña" a cargo do alumnado de 4º que prepararon coa profe Begoña.






Actuación conxunta de E. Infantil (corpo de baile) e de 2º de E. Primaria (coro de voces) acompañados á guitarra polo profe Fran.
A coreografía é obra da profe de E. Infantil Majo, e a letra unha adaptación dunha versión en castelán que atopamos na rede desta fermosa canción.





Así de ben cantaron, acompañándose de percusión,  os de 1º esta panxoliña cunha letra inventada "á medida" sobre unha coñecida melodía popular galega.





Panxoliña interpretada polo alumnado de 4º . Recordando as tradicións de Nadal.






Panxoliña "reivindicativa" interpretada polo alumnado de 3º de E. Primaria, para reclamar a mesma solidariedade cos nenos e nenas do mundo que aquela que ,segundo nos contan as escrituras, ofrecéronlle a Xesús neno.







Interpretación do alumnado de 6º no Festival de Nadal acompañando con percusión corporal a coñecida "Marcha Radetzky" de Johann Strauss (pai),







En 5º namoráronse desta preciosa canción xaponesa e quixeron interpretala neste Festival. Miguel manexa os títeres de pau no teatrillo representando a letra da canción.






E pechando o Festival "Happy Chritsmas" de John Lennon, interpretada polo alumnado de 6º. Prepararon esta actuación co profe Fran e ofrecéronnos un marabilloso Fin de Festa.



RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS

Como cada ano por estas datas aquí vos deixamos as nosas recomendacións de lecturas.
Cada unha das suxerencias foi especialmente pensada para vós. Recomendamos libros que son "tesouros". Libos para que formen parte das vosas vidas.
Con agarimo.
Pulpi


A HORA DE LER EN EDUCACIÓN INFANTIL

Moitas veces no tempo diario adicado á lectura na aula de Infantil lemos contos da biblioteca.
E moitas outras lemos contos que o alumnado trae da casa.
E si saben contar o conto que trouxeron pois preferimos que sexan eles mesmos os "Contacontos" do día, as veces en solitario e as veces en grupos.

E mirade que ben o fan.


A HORA DE LER EN INFANTIL by Slidely Slideshow

luns

PEQUENOS CIENTÍFICOS

Na aula de 2º de Primaria estiveron traballando coa ciencia. Para ser exactos coa CIENCIA EN GALEGO.
Interesáronse por experimentos que puidesen facer eles e aprender o porqué do seu funcionamento. Tamén de ser quen de expoñelos ante o resto de compañeiros e compañeiras da escola.
E dito e feito.
Primeiro buscaron  os experimentos nos libros da bilioteca e na Internet. Despois seleccionaron 8 que probaron na aula. Logo sortearon os experimentos e cada un  preparou concienzudamente o seu experimento e a súa explicación...
E por último (polo momento) fixeron 3 pases na biblioteca para amosar aos compañeiros do cole o que aprenderan.

Despois do Nadal seguirán a traballar con eles, xa que elaborarán cadanseu caderniño, onde se recolla toda a información:  os materiais necesarios, o procedemento e a explicación. Con todos os caderniños editaremos un pequeno libro para a biblioteca.

Aquí vos deixamos un resumo dos 3 pases.
Disfrutádeo!!!!!!




PROXECTO CASTELOS EN EDUCACIÓN INFANTIL