sábado

A COR DO OSIÑO POLAR

A nosa biblioteca conta con moitos, moitos tesouros. Pouco a pouco imos descubríndoos. Ás veces sós, buceando nos andeis e outras veces porque alguén nolos amosa.
A profe Majo, de E. Infantil, traballou co libro-disco  "Cartas que veñen e van", de Mamá Cabra con Susa Herrera, e aprenderon moi, moi, moi ben aprendida a canción "A cor do osiño polar".
Así que un día xuntámonos na biblioteca e gravamos a estes grandes artistas cantándoa coa versión karaoke.
Despois de varias tomas, e de solicitar permiso a Susa Herrera (quen ademais de dárnolo, manifestou a súa alegría porque utilizasemos unha das súas cancións), montamos este pequeno vídeo que agardamos que vos guste.
Pretende ser unha homenaxe aos creadores (escritores, músicos, artistas...), aos libros, á lectura, ás bibliotecas, á música, a estas nenas e nenos sen os que todo o demais non tería sentido e a esta profe polo seu traballo.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario