mércores

HORA DE LER EN EDUCACIÓN INFANTIL

Normalmente son @s profes @s que contan/len contos na Hora de Ler. Outras son os nenos e nenas de 6º, outras deixámolos ler libremente  e outras... pois son eles os que contan/len.
Ofrécense voluntarios, e pese algunhas pequenas disputas por ter máis tempo o conto que os demais ou ler/contar máis que o resto, ou por mandar no libro, ou por pasar as páxinas..... Salvo esas pequenas disputas, digo, o demais é marabillosa!
E si non mirade por vós mesm@s.


luns

CONTACONTOS: A GALIÑA AZUL

A Asociación Cultural Apelón, de Mugardos, ofreceuse para vir contar o conto de "A Galiña Azul" e nós non desaproveitamos a oportunidade.
E aínda que xa coñeciamos o conto non houbo ningún momento no que a atención do público non fose total. E é que a contadora amosou moita profesionalidade!!!
Elaborou un mandil especial para a ocasión e TOOODAAAS as figuras que no conto aparecen.
Estivo XENIAL. E non só polos materiais empregados...
Tamén a utilización da voz ao longo de todo o relato contribuiu a este éxito rotundo.
E antes de marchar aisnou no libro de visitas!!!

MOITAS GRAZAS UNHA VEZ MÁIS A ESTA ASOCIACIÓN, que volveremos ver dentro de pouco aportando actividades culturais ás escolas do Concello.

PARABÉNS POLO TRABALLO.



A GALIÑA AZUL by Slidely Slideshow

sábado

OS MAIOS NO COLE

Grazas á Asociación Cultural Apelón quen ,a través da Concelleira, ofreceuse para celebrar esta festa no cole.
E chegaron ao cole con dous armazóns de maios para que o alumnado puidese enchelos de flores.
Juan, da asociación, cantounos o maio que cantaba el cando era neno e contounos como facían a festa nos seus tempos.
Logo, e con música en directo, fomos enchendo os maios que quedaron na entrada do cole para que os puidesen ver os pais e nais.
Foi todo un luxo poder contar con esta celebración no cole e co testimonio de Juan en primeira persoa.
MOITAS GRAZAS UNHA VEZ MÁIS!!!!



CIENCIA CON AMOR

Por fin saiu do forno o libro "Ciencia con amor", que recolle os experimentos que este curso nos amosaron as nenas e nenos de 2º de E. Primaria.
(Clicade aquí se os queredes ver de novo).

E así foi coma fixemos o libro.
@s nos@s pequen@s científic@s traballaron moito para que ao fin o poidamos disfrutar.

PARABÉNS!!!!



HORA DE LER. LECTURAS COMPARTIDAS

Durante todo o curso, os mércores, na Hora de Ler, algún grupo de alumnas e alumnos de 6º lía contos ás nenas e nenos de E. Infantil na biblioteca.
En 6º organizaban os grupos e as quendas, e seleccionaban as lecturas, que preparaban axeitadamente para ser contadas aos pequenos e pequenas.
E algunha vez..., se sobraba tempo, foron "@s pequech@s" @s que contaban o conto aos/ás maiores.
Nin que dicir ten que as nenas e nenos de E. Infantil acudían á cita con moita alegría, xa que lles gusta moito que "os maiores" lles fagan caso.
E así ao longo do curso fomos recompilando unha chea de fotos, que non recollen todos os momentos máxicos (porque non está a cámara todo o tempo disparando), pero si que captou algúns que amosan o "especial" destes encontros. (NOn están todos os que son, pero son todos os que están)
E para que non se nos perdan e para podelos recordar sempre.... fixemos este vídeo.
Con moito cariño para os protagonistas desta historia.



venres

PALABRAS XEITOSAS

Con motivo das Letras Galegas, e por iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, creamos un mural cheo de palabras xeitosas, xunto á súa definición correspondente.
Cada alumn@ escolleu unha palabra que lle gusta especialmente, ben por como soa ou polo seu significado e a escribiu na planilla especialmente deseñada pra a ocasión.
E todas se colocaron nun mural da entrada do cole.


PALABRAS XEITOSAS by Slidely Slideshow

VÍDEO OFICIAL "CHEA DE VIDA". LETRAS GALEGAS 2017

Despois de que moitos medios de comunicación se fixeran eco da iniciativa (clicando en cada imaxe verás a noticia recollida):



 La Voz de Galicia
La Voz de Galicia

 El correo Gallego
El Correo Gallego

Diario de Ferrol

Ferrol 360

Televisión de Galicia
Ademáis de Redes sociais e outros medios!!!!!

CHEGOU O VÍDEO FINAL!!!


AQUÍ VOLO DEIXAMOS!!







- COMO ESTADES???
-CHE@S DE VIDA!!!!!


                                                      Imaxe extraída do twitter de Guadi Galego
                                                        (Clicando na imaxe accedes á súa conta)


EXPOSICIÓN CARLOS CASARES

Nos corredores do colexio colocamos os carteis elaborados polo CEIP. Plurilíngüe Anxo da Garda, de A Coruña, gañadores do concurso das Letras Galegas 2017, e que foi enviadoa aos centros xunto coa súa guía didáctica.

Clicando na imaxe podedes ver os carteis.


                         (Imaxe da portada do libro "Carlos Casares vida e literatura"de Damián Villalaín publicado pola  Editorial Xerais)

E ademais o equipo de biblioteca colocou unha exposición con todos o fondos da biblioteca relacionados con Carlos Casares, para que puidesen ser consultados polas diferentes aulas que están a traballar co autor.










Xa vos amosaremos os traballos elaborados no cole!!! Algún aínda está no forno!!!

CARLOS CASARES E A GALIÑA AZUL

Nunha nova edición da Hora do Conto, xuntámonos na biblioteca para aprender máis sobre Carlos Casares.

Fixémolo mediante dous vídeos, elaborados por colexios galegos e que nos pareceron moi axeitados.

O primeiro foi o vídeo que sobre o conto de "A galiña azul" fixeron no CRA de Rianxo.
Namorámonos del, pola orixinalidade, por "superar" con moita arte a dificultade que supón facer este traballo entre escolas separadas xeograficamente, pola calidade do son e a dicción e entoación das voces.... pola frescura, pola inocencia, por.....

Mirádeo vós mesmos e dicide se temos ou non temos razón.





XENIAL, NON SI?


E tamén visionamos este vídeo elaborado no CPI Mosteiro de Meis, que conta a vida de Casares nun Rap.

Aquí podedes consultar o blog da súa biblioteca, onde veredes outras actividades chulas que fan.

E aquí vai o vídeo:


BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES

O alumnado de 5º foi o encargado de ler a biografía de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, ao resto do alumnado do cole.
Para isto o equipo de biblioteca, usando o material do Seminario Galán, preparou un Power Point coas ilustracións para ser proxectadas mentres lían o texto das mesmas.
Nos días previos prepararon concienzudamente a lectura feito que quedou demostrado no evento no que tiñan ao público moi atento.
MOITAS GRAZAS CHIC@S!!!!

Aquí deixámosvos unhas imaxes.












xoves

OS DE 5º E 6º CHEOS DE VIDA!!!

O profe Fran e a profe Carmen participaron este ano coma alumnos nun curso celebrado no CFR de Ferrol  sobre Coro Escolar.  Foi alí onde Ramón Bermejo, un dos profesores do curso, propuxo a idea de gravar un vídeo de moitos escolares da zona cantando nunha nave como coro dalgún grupo galego.
A súa proposta foi ben acollida polos que participabamos do curso e polo asesor do mesmo , José Antonio Sordo Freire, que conseguiu a colaboración de Navantia-Ferrol para utilizar as súas instalacións neste evento e  foi quen de xestionar os medios materiais e humanos para levalo a cabo.

Ao pouco recibimos un correo de Ramón no que nos indicaba que se pretendía facer algo parecido a este vídeo que aquí vos deixo, co "Aleluia" de Leonard Cohen e que xa leva máis de CINCO MILLÓNS E MEDIO  de reproduccións!!! Unha xoia!!!






Ao pouco xa tivemos nas nosas mans o material para poder traballar coa canción escollida.
Sería "Chea de vida" de Guadi Galego.

Entón foi cando en 5º e 6º empezamos a traballar coa canción, a perfeccionar a interpretación da mesma, tanto en entonación coma en ritmos, tempos e expresividade.
Dende un principio gustou a idea e a canción e iso fixo que o traballo fose moi doado e pracenteiro.

O acto íase celebrar o 11 de maio en Navantia, así que iniciamos os ensaios conxuntos dos dous grupos que ata o momento ensaiaban por separado. Primerio na clase de música cos profes e dous días antes do "evento" con Ramón Bermejo na biblioteca do cole.







E por fin chegou o día sinalado!!!

Fomos en autobús xunto con compañeiros do IES. de Mugardos ata Navantia-Ferrol. Segundo baixamos do autobús xa nos colocamos no espazo que nos tiñan sinalado dende a organización.
Pouco a pouco foise enchendo a nave con nenos e nenas, mozos e mozas participantes.

Xa nos tardaba empezar. Sabiamos que iamos cantar a canción 3 veces. Unha primeira de ensaio e outras dúas para "gravar". E por fin entrou Guadi e o seu guitarrista e subiu ao escenario. Tamén subiu Ramón e, despois de indicar aos profes que se separasen.... EMPEZAMOS!











Foi moi emocionante participar neste momento tan especial. Estar alí, no medio e medio de máis de 1000 nenas e nenos, unidos pola música, disfrutando de facer e construír xuntos algo tan fermoso.

Volvimos ao cole encantados da experiencia e desexando ver o resultado final!!!



RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE TAREFAS DA CASA

Como sabedes, con motivo do Día da Muller Traballadora realizamos unha enquisa a cubrir por todo o alumnado sobre quen realiza as tarefas máis comúns da casa.

Salientar que as NAIS obteñen a máis alta porcentaxe en TOOOODAAAS as tarefas sinaladas aínda se "descontamos" as que non traballan fóra da casa. Tamén sinalar que segundo a resposta dos nenos e nenas éstes implícanse na realización de certas tarefas (facer a cama, barrer, lavar a louza...). Tamén notamos un certo incremento na porcentaxe de pais que fan nestes traballos en relación á mesma enquisa que pasamos hai xa catro anos, cando menos en determinadas tarefas.
Ademais observamos que temos unha maior porcentaxe de nais que non traballan fóra da casa en comparación coa porcentaxe de hai catro anos..

Estes resultados colocáronse na entrada do cole, para que desta forma puideran ser consultados por todo o alumnado ademias de permitir traballar ao profesorado coa interpretación de gráficas. É por iso que o formato escollido para representar as difeentes porcentaxes cambia dunhas tarefas a outras (diagrama de barras, sectores...).







Aquí tedes os resultados.


FICHA DUN LIBRO EN 2º DE PRIMARIA

Con motivo do mes dos libros (Abril), en 2º de Primaria traballaron na elaboración dunha ficha  dun libro que leron e que escolleron libremente entre os fondos da biblioteca ou fondos persoais.
Todos os traballos estiveron xeniais, pero aquí amosámosvos o de Sarela, porque escolleu un dos últimos libros chegados á biblioteca que tamén a Pulpi lle gusta moito.


FICHA DUN LIBRO

More presentations from bibliofranza

EXPOSICIÓN DOS LIBROS DA NOSA CREACIÓN POLO DÍA DO LIBRO

Na entrada do cole colocamos unha exposición moi especial.
Todos os libros que foron creados no cole ao longo dos últimos anos.
Libros colectivos con participación de todo o alumnado ou dunha clase ou clases en particular e algún dunha única autoría (como o caso de Candela e o conto que nos contou cando tiña 5 anos, recordades? Clica aquí e verás). (Aquí se queres ver como quedou por dentro o conto de Candela)
Normalmente están colocados nun andel especial da biblioteca (CDU 4), ou nos mobles expositores, pero pensamos que había que darlles máis publicidade e así saíron á entrada, onde tod@s puideron miralos unha e outra vez, recordar o o traballo que fixeron ou buscar o traballo de irmáns e irmás que xa marcharon do cole....