mércores

A VOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Mirade que bonita estaba a exposición de cabazas que trouxestes.
Agardamos que teñades pasado un rato moi agradable preparándoas nas vosas casas.
A Pulpi encantáronlle, e está sorprendido das moitas habilidades, ideas e recursos que amosastes.
Moitas grazas a todos e todas!

Presentación con música de Chill Carrier.


Exposición de cabazas by Slidely - Slideshow maker

MAGOSTO E SAMAÍN

E para ir facendo boca aquí vos deixo uns cantos vídeos que seguro vos gustarán.


Mickey Mouse na casa encantada (1929)

A danza destes marabillosos esqueletos. Poñémola un ano máis pero é que nos encanta.






Este conto tamén mola!

Fiz, o coleccionista de medos.


Sabedes por qué os corvos son negros?. Mirade, mirade...




Para cantar e pasalo ben no Magosto.





E no Samaín


xoves

CLUB DE LECTURA

"O faro de Pulpi"
Así se chama o Club de Lectura das nenas e nenos de 5º e 6º.
Participan tod@s, e esta semana tiveron a primeira reunión.
Nela falaron sobre o cometido do club e os compromisos que adquirían. Recibiron as súas identificacións , as normas por escrito e o caderniño de traballo do libro, o primeiro dos libros que lerán ( "O misterio dos fillos de Lúa" de Fina Casalderrey).

Manterán reunións quincenais e ademáis algunha extraordinaria, en horario de tarde, para ver unha peli relaccionado coa lectura, ou  outra de interese(palomitas incluídas).
Tamén se lles dixo que a fin de curso terán unha sorpresa que será do seu agrado.
Tod@s queren saber a sosrpresa que lles agarda, pero se llela dicimos xa non será sorpresa.
Xa vola contaremos.

Como non podía ser doutra forma, nesta primeira reunión compartiron a súa primeira merenda: bola, galletas, zume... E como ía ser a hora do recreo... tiñan moita fame!.

Queredes ver as fotos deste primeiro día?



 
CLUB DE LECTURA by Slidely - Slideshow maker

INTERCAMBIO DE LECTURAS

Este ano puxemos en marcha unha nova actividade que está a dar moi bos resultados.
Trátase dos intercambios de lecturas.
Nunha clase se prepara unha lectura (ou varias)  para agasallar aos nenos e nenas de outra clase. A actividade lévase a cabo na "Hora de ler" no día que acorden previamente.

Polo momento en 6º utilizaron o Kamishibai cos nenos e nenas de toda a Educación Infantil, e en 3º organizaron un apadriñamento lector coa aula de 3 e 4 anos.
Aquí tedes unha mostra destes momentos tan especiais.




3º lendo a Educación Infantil by Slidely - Slideshow maker

KAMISHIBAI PARA E. iNFANTIL by Slidely - Slideshow maker

mércores

A HORA DO CONTO

Un ano máis puxemos en marcha "A hora do conto".
Cada 15 días máis ou menos, reunímonos TOD@S na biblioteca na "hora de ler" a escoitar un conto.
A primeira sesión do ano correu a cargo da "profe" Alicia.
Contounos "El día más feliz de el Señor Pi", de Álvaro Alejandro e ilustrado por Aleida Ocegueda (Editorial Océano Travesía).
Mentres Alicia contaba o conto podiamos ver na pantalla as ilustracións deste marabilloso álbum ilustrado, do que aprendimos que a verdadeira felicidade ten que ser buscada e atópase nas cousas máis sinxelas.










GRAZAS PROFE ALICIA!!!!!!!

IRIÑA BAILARINA

A segunda sesión correu a cargo de Denisa e Carla, de 5º de Primaria.

Nese curso fixeron o cartel que as anunciaba. Chulo, non?



Contáronnos "Iriña bailarina", de Cristina Justo e Paloma Rodríguez, con ilustracións de Spela Trobec (Edicións Embora, Colección "A igualdade conta) 






Tamén utilizaron a pantalla para que tod@s puideramos ver as ilustracións e aprendimos un pouco máis sobre a igualdade entre homes e mulleres, entre nenas e nenos.



Fixeron un fantástico traballo e tiveron ao público engaiolado coas súas voces, a súa lectura e coa historia tan bonita que escolleron.


MOITAS GRAZAS CHICAS!!!!!

luns

RECREO NA BIBLIOTECA

E todos os días a mesma pregunta....
Cando abre a biblioteca?
Un día, e outro día...

E por fin chegou o momento (aínda que sin poñer todas as cortiñas). Non podiamos agardar máis.
E este foi o resultado da apertura. E iso que facía moi bo tempo.

Benvid@s un ano máis á vosa BIBLIO!


RECREO NA BIBLIOTECA by Slidely - Slideshow maker

AXUDANTES DA BIBLIO

Un ano máis o alumnado de 5º aprendeu todo o necesario para poder ser axudantes da biblioteca escolar.
Os nenos e nenas de 6º tamén estiveron, para "recordar" o que aprenderan o ano anterior e para axudar aos novos compañeiros e compañeiras.

Fixéronno de marabilla e aprenderon de contado.
Aquí vos deixamos unhas fotos dese día.

GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN.



APRENDENDO A TRABALLAR CO "MEIGA" by Slidely - Slideshow maker